O Día do Apóstolo: fogos de lucería, néboa e atascos quilométricos por todas as partes
Por Oskar Viéitez
A festividade de Santiago Apóstolo, Día de Galicia, terminou en Pontevedra cunha tirada de fogos de lucería na zona do Burgo.
Ao evento acudiron miles de persoas nunha xornada marcada pola néboa e os quilométricos atascos rexistrados nos accesos ás principais zonas turísticas das Rías Baixas, Sanxenxo, Pontevedra e, en xeral, as comarcas do Salnés, Arousa e O Morrazo.
Respecto da néboa, as previsións meteorolóxicas publicadas por Meteogalicia apuntan a que as condicións serán similares nos próximos días, con néboas e temperaturas algo máis frescas, algunhas nubes e ventos do oeste. Nebulosidade o sábado pero sol para o domingo.
Posiblemente esta néboa disuada a moitos bañistas de acudir ás praias e alivie un pouco as caravanas que atrapan a multitude de vehículos nos accesos aos areais.
Neste sentido as previsións lembran que en poucos días arrinca a operación saída de agosto e retorno de xullo. Paciencia e ánimo.