VIDEO.- Acometen traballos de descontaminación no Grove
Por Oskar Viéitez
Efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias, do 112 e de Salvamento Marítimo traballan desde este mércores na zona onde se atopan os restos sinistrados do catamarán "Boramar" para minimizar os efectos contaminantes das verteduras de combustible e aceite procedentes do barco de pasaxeiros incendiado fronte ao campo de golf da illa da Toxa.
O Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) achegou mantas absorbentes e barreiras de contención co fin de atallar posibles derrames de combustible contidos na embarcación. Con todo, na zona apenas detectaron irisaciones, tal e como puideron comprobar a través dos drons que empregaron, precisamente, para observar o estado do mar.
Durante a tarde, a tripulación da embarcación do servizo de Gardacostas de Galicia, Irmáns García Nodal, seguieron dando apoio desde o mar aos efectivos de emerxencias que traballan desde terra. Concretamente, os membros do servizo local de emerxencias e tamén os axentes da Garda Civil.
Segundo informou o coordinador de Emerxencias do Grove, José Antonio Álvarez, os efectivos da súa agrupación centráronse en utilizar mantas especiais para absorber hidrocarburos na zona rochosa de costa, tamén tiveron que recoller restos de poliéster da embarcación.
FERIDOS
Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou este mércores aos cinco pasaxeiros que resultaron feridos de gravidade, un matrimonio de Guadalaxara con idades que permanecen ingresados na Unidade de Queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña con queimaduras moi graves. Segundo a consellería, están estables.
Os outros tres pasaxeiros feridos de gravidade son unha muller de Sevilla con queimaduras de primeiro e segundo grao que evoluciona de forma favorable, e un matrimonio procedente de Mataró, o home tamén presenta queimaduras de primeiro e segundo grao, e a muller só de segundo. Todos eles están estables.
A Consellería de Sanidade eleva a 48 o número de feridos, aínda que 25 deles non necesitaron traslado hospitalario e foron atendidos no PAC grovense ou no propio porto. Outras 18 persoas tiveron que ser atendidas con prognósticos de menor consideración nos hospitais Montecelo (7), Salnés (8), Provincial de Pontevedra (1) e no Domínguez (2) o mércores ao mediodía xa foran dados de alta.
Segunda parte do vídeo da Unidade de Drons da #Axega para que poidades comprobar en primicia como se fixeron os traballos de limpeza, control e prevención no #catamaranogrove pic.twitter.com/t3lLRVjVIK
— 112Galicia (@112Galicia) 26 de julio de 2018
Relacionadas:
-
Accidente marítimo no Grove: a investigación complícase polo estado do barco, totalmente calcinado
Por Natalia Puga |
-
Accidente marítimo no Grove: Turistas de toda España, Portugal ou Alemaña entre os afectados
Por Natalia Puga & Redacción | Creada e actualizada
-
VÍDEO.- O 'Boramar', totalmente calcinado e embarrancado na Toxa
Por Natalia Puga & Mónica Patxot & Alejandro Espiño |
-
Accidente marítimo no Grove: "O barco en 20 minutos quedou en nada. Puido ser unha traxedia"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot & Ramiro Espiño | Creada e actualizada
-
VÍDEO.- Varios feridos no incendio dun catamarán con 48 pasaxeiros preto da Toxa
Por Redacción & Natalia Puga | Creada e actualizada