O "apostoliño" da Boa Vila
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez
O apóstolo Santiago, patrón de España, ten na Boa Vila unha consideración máis familiar, máis cariñosa, de barrio, concretamente do Burgo, aquí ao fillo de Zebedeo e Salomé e irmán maior do apóstolo Xoán chamámoslle Santiaguiño.
No seu día grande, este 25 de xullo, celebráronse os tradicionais actos relixiosos, coa procesión polo barrio coas uvas e o millo, pasarrúas e verbena coa orquestra Hiroshima.
Pola noite haberá espectáculo pirotécnico a cargo da Pirotécnica Penide á beira do río, que comezará ás 23.59 horas.
Para este xoves está programada a celebración da vixésima edición da festa homenaxe ás persoas maiores no Teatro Principal.