En bicicleta e patinete por toda Galicia para visibilizar as enfermidades inflamatorias e intestinais
Por Redacción
1.320 quilómetros en bicicleta e patinete por toda Galicia. É o reto que protagonizará o pontevedrés Víctor Loira para visibilizar as enfermidades inflamatorias e intestinais.
Loira, enfermo de Crohn e cunha iliostomía, partirá de Pontevedra o 19 de agosto e rematará en Santiago de Compostela o 4 de setembro.
O Concello de Pontevedra, a través do departamento de Benestar Social, colabora con esta iniciativa da Asociación Socio Sanitaria Enfermidades Inflamatorias e Intestinais e Ostomizados (ASSEII), que busca contribuír á sensibilización social destas enfermidades non visibles.
No seu percorrido Víctor Loira pasará por todas as provincias galegas.
Ademais, fará parada en hospitais do Sergas para dar a coñecer e facer uso dos aseos adaptados para persoas ostomizadas que a Consellería de Sanidade instalou nos centros hospitalarios galegos.
Relacionadas:
-
850 quilómetros en bicicleta para visibilizar as enfermidades inflamatorias intestinais
Por Redacción |
-
RADIO.- Cara a cara con Víctor Loira: Un reto polas EII e agora pola ELA
Por Marisa Ciordia |
-
Víctor Loira chega a Pontevedra na súa volta a Galicia polas doenzas intestinais
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
VÍDEO.- 1.320 quilómetros de ilusión e esforzo para visibilizar as enfermidades intestinais
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Montecelo estrea o segundo aseo adaptado para pacientes ostomizados
Por Redacción |
-
Montecelo, primeiro hospital en España con aseos adaptados para pacientes ostomizados
Por Redacción |