Salcedo celebra o domingo a súa Festa da Veciñanza Comuneira
Por Redacción
A parroquia de Salcedo celebra o domingo a cuarta edición da súa Festa da Veciñanza Comuneira.
O programa inclúe unha carreira ciclista polo monte de San Martiño e a terceira edición da MiniBTT de ámbito autonómico, organizada polo Club ciclista Farto.
O afamado cociñeiro Pepe Solla dará a benvida á comida popular.
Pola tarde haberá xogos tradicionais ademais de venda de produtos artesanais. Será no antigo campo de tiro.
Desde a organización animan aos veciños para participar desta festa "co orgullo de ser comuneiro desta parroquia e se non o es, apúntate a ela que tamén serás ben recibido".