A "fame de praia" provoca retencións quilométricas
Por Redacción
Ao mediodía deste domingo están a rexistrarse retencións quilométricas na vía rápida ao Grove en dirección cara á praia da Lanzada e tamén na variante de Marín.
No caso do istmo meco os atascos, que veñen repetindo nas últimas semanas, agraváronse esta xornada ante unha previsión meteorolóxica puramente estival.
O efecto embude que provoca a redución do número de carrís tras rematar a Autovía do Salnés converte neste tramo de estrada nunha rateira na que os coches quedan atrapados sen opción.
Están a rexistrarse retencións considerables durante todo o día nos diferentes accesos aos areais das Rías Baixas. Din algúns usuarios que con paróns de ata media hora.