Subvención da Xunta para a mellora da competitividade da Federación Provincial de Confrarías
Por Redacción
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asinou este domingo convenios de colaboración co presidente da Federación Provincial de Confrarías da Coruña, Manuel Daniel Formoso, e co da de Pontevedra, José Antonio Gómez Castro. A través destes convenios, a Xunta contribuirá á mellora da competitividade destas entidades con 30.000 euros.
A Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra contará con outros 15.000 euros para a adquisición de mobiliario, equipamento informático e de telefonía para as novas dependencias da entidade. Ademais, ambas federacións adquirirán unha ferramenta informática para facilitar a información ao sector de cara ás próximas eleccións ás confrarías de Galicia.
Para o control de cada un destes convenios crearase unha comisión de seguimento, composta por dous membros da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e polo presidente e o secretario de cada unha das entidades.
A vixencia desta colaboración é ata o 16 de decembro de 2018.