Dúas mulleres feridas, unha delas ao ser atropelada por un coche de liña na Praza de Galicia
Por Oskar Viéitez
Unha muller resultou ferida esta tarde despois de ser arroiada por un coche de liña na Praza de Galicia, en Pontevedra. Ademais, unha pasaxeira do autobús tamén sufriu lesións ao caer no interior do vehículo tras a freada producida no momento do accidente.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, no coche de liña, que cubría o traxecto entre Marín e Pontevedra, viaxaban 60 persoas.
O accidente produciuse pouco despois das seis da tarde e a vítima quedou tendida na calzada cun golpe na cabeza.
O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través do condutor do autobús, que contactaba co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia ás 18:15 horas para informar do sucedido.
O persoal do 061- Urxencias Sanitarias atendeu á ferida na calzada, a muller estaba consciente.
Mentres atendían á vítima, a Policía Local desviou o tráfico pola avenida de García Sánchez.