O goberno leva a pleno a urbanizacion do Revel cunha inversion de 1,8 millóns de euros
Por Redacción
A zona de equipamentos do Revel creouse coa aprobación do PXOM no ano 2003. Pero a aprobación do novo plan só foi o primeiro paso, posteriormente houbo que chegar aos acordos nuns casos e noutros ás expropiacións necesarias para que os 73.164 metros cadrados fosen públicos.
De feito, este proceso non concluíu ata 2016 cando se expropiaron as dúas últimas parcelas necesarias para poder facer o novo colexio. O obxectivo era dotar a Vilalonga dun amplo espazo para equipamentos públicos algún dos cales xa están en funcionamento como é o caso da gardería, o centro de saúde e un campo de fútbol de herba sintética.
O goberno leva ao pleno extraordinario do martes a aprobación do financiamento en catro anos das obras de urbanización de todo o ámbito do Revel cun orzamento de 1.873.633 euros.
Os 73.164 metros cadrados do Revel están distribuídos:
- Rede viaria: 10.022 metros cadrados
- Equipamento docente novo colexio: 14.333 metros cadrados
- Equipamento docente gardería: 4.560 metros cadrados
- Equipamento deportivo: 19.566 metros cadrados
- Espazos libres: 24.088 metros cadrados
- Servizos urbanos: 220 metros cadrados
- Regato: 378 metros cadrados
O obxecto deste proxecto son as obras de urbanización da rede viaria, dotación dos servizos de subministración das diferentes redes e dos espazos libres.
A zona conta cun só viario de acceso a certas instalacións que é insuficiente e por iso a rede viaria será mellorada cunha nova ordenación. Tamén o pequeno bombeo de augas residuais é insuficiente para as dotacións previstas no ámbito, polo que se procederá á súa substitución. E o mesmo ocorre redes de subministración eléctrica polo que se substituirá e canalizará adecuadamente.
O ámbito está atravesado por unha liña aérea de media tensión que fornece aos centros de transformación próximos. Esta rede, 556 metros, soterrarase e conectará aos centros de transformación, Recuperarase a zona do arroio e a súa vexetación, para que quede un amplo espazo de esparexemento.
MELLORAS PREVISTAS
- Rede viaria: o ámbito está formado por 4 rúas que quedarán con dous carrís de tráfico de 3 mestros e beirarrúas para peóns a ambas as marxes de 2 metros e algúns delas terán carril bici, con aparcadoiros en batería e paralelos.
- Rede de augas residuais e pluviais diferenciadas: prevese a implantación dunha rede de recollida de augas residuais e outra de pluviais en todo o ámbito con colectores de PVC.
- Rede de abastecemento, rega e hidrantes a acometida da rede de abastecemento tomarase da rede municipal e dotarase á urbanización de hidrantes contra incendios e de redes de rega para os espazos libres.
- Iluminación pública; instalarase rede de alumnado publico con canalización subterránea e luminarias a 9 metros de altura.
- Enerxía eléctrica: dada a demanda de potencia no ámbito, instalarase un centro de transformación, abastecido por unha liña de media tensión.
Relacionadas:
-
Xunta e Concello asinan o convenio de posta a disposición dos terreos do novo colexio de Vilalonga
Por Redacción |
-
O pleno aproba o convenio para a construción do novo colexio de Vilalonga
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo pedirá un préstamo para urbanizar O Revel
Por Oskar Viéitez |
-
O pleno de Sanxenxo aprobará a posta a disposición definitiva dos terreos do Revel
Por Redacción |