Unha instalación modular acollerá temporalmente ao Club de Piragüismo
Por Redacción
Mentres se xestiona e se executa o edificio definitivo que necesita o club de piragüismo e que será incluído dentro do proxecto máis amplo de mellora de toda a zona portuaria de Portonovo, o goberno local de Sanxenxo entendeu que os piragüistas non podían esperar máis para dispoñer dunhas instalacións máis amplas e cómodas que as actuais.
Por iso, decidiu investir 271.919 euros en dúas naves modulares que se instalarán na praia de Baltar, xunto ao módulo de servizos, e que unha vez que se dispoña do novo club de piragüismo poderán ser utilizadas como equipamentos noutras praias ou noutras zonas do Concello, onde se considere necesario.
O Concello dispón dun permiso provisional de dous ou tres anos do Servizo de Costas de Pontevedra, dependente do Ministerio de Medio Ambiente para este fin.
Trátase de dúas naves rectangulares, de construción modular de paneis prefabricados de formigón armado, cuberta de panel metálico de sándwich e portas e xanelas de aluminio. As dúas naves teñen 23,50 metros de longo por 12,50 de ancho e 4,90 metros de alto. As naves contarán con dúas portas de 1,60 metros. para embarcacións e outras dúas de 0.90 metros para peóns.
As dúas naves suman unha superficie total de 294 metros cadrados e inclúen un almacén para gardar 104 embarcacións, en concreto 70 K-1, 28 K-2 e 6 K-4. Ademais, un ximnasio, un local de instalacións, vestiarios feminino e masculino, aseos e un segundo almacén máis pequeno.
As novas instalacións estarán concluídas en 4 meses a partir da súa adxudicación e financiaranse 100.000 euros con cargo ao remanente de tesourería e os 171.919 euros restantes con cargo ao orzamento do 2019.
Relacionadas:
-
Tres empresas aspiran a construír a nave modular do club de piragüismo de Portonovo
Por Redacción |
-
Licitacións a ritmo frenético en Sanxenxo antes de final de ano
Por Redacción |
-
Sanxenxo acepta modificar o novo edificio do club de piragüismo de Portonovo
Por Redacción |
-
Sanxenxo sinala que a Deputación só aprobou 4 dos 12 proxectos remitidos polo Concello
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo completa os traballos de rozado en 300 quilómetros do municipio
Por Redacción |
-
Náutico Pontecesures e Ciudad de Pontevedra repártense os títulos autonómicos de piragüismo
Por Redacción |