Morre atropelado un home de 85 anos cando cruzaba a rúa Jaime Janer
Por Oskar Viéitez
Un home de 85 anos faleceu a consecuencia do atropelo sufrido este venres cando cruzaba a rúa Jaime Janer, en pleno centro de Marín.
Segundo o relato ofrecido por testemuñas presenciais o suceso tivo lugar sobre as dez da mañá cando o vehículo, que circulaba en dirección ao centro de Marín, golpeou ao octoxenario cando este cruzaba a rúa. A continuación embestiu dúas motos aparcadas, subiu á beirarrúa e acabou encaixándose contra o escaparate dunha inmobiliaria.
A vítima, con iniciais F.O.B., era usuario da residencia da terceira idade, e recibiu un forte golpe na cabeza, segundo apuntan as testemuñas.
Os servizos médicos de urxencia que atenderon á vítima non puideron evitar o seu falecemento, segundo confirmou o 061.