Balance positivo en Marín tras unhas Festas do Carme con "gran afluencia de público"
Por Redacción
A celebración das Festas do Carme deixou un bo sabor de boca no Concello de Marín.
O goberno local mostrou a súa satisfacción "tanto en afluencia de xente como en calidade das actividades" desenvolvidas dentro da programación festiva.
Así, sinalan ás actividades lúdicas, deportivas ou musicais como exemplo dunha gran participación, en especial en concertos como os de Rosario Flores ou Henry Méndez ou de grandes orquestras como Panorama, París De Noia e El Combo Dominicano.
"A percepción de todos os que con intensidade traballan nas festas é moi positiva", sinalou a alcaldesa, María Ramallo.
Ademais de agradecer o traballo de persoal do Concello, voluntarios, persoal de limpeza ou Policía Local, Ramallo sinalou o éxito de participación na Batalla de Flores, con "máis de 150 nenos e nenas", consolidando a actividade na súa actual franxa horaria dentro da programación das festas.
Relacionadas:
-
Entrega de despachos sen Rei, sen ministra nin Elcano
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Reggaeton de Henry Méndez e grandes éxitos de Fernandisco DJ para festexar a calor das Festas do Carme
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Rosario, Henry Méndez e as principais orquestras galegas, atractivos das Festas do Carme
Por Redacción |