Outra avaría en Corbaceiras crea problemas de subministración de auga en Seixo
Por Oskar Viéitez
Por segunda vez en poucos días, unha nova avaría provoca problemas na subministración de auga no centro urbano de Seixo sobre todo nas partes altas desta parroquia marinense.
A empresa concesionaria da xestión do servizo da auga en Pontevedra está a traballar na reparación accedendo a través da galería de formigón á zona da tubaxe danada. Estas tarefas teñen que coordinarse coa marea, nunha zona onde a auga impide o acceso. Foron os mergulladores a través dunha cámara os que localizaron o problema.
A rede que fornece agora a Marín é a da obra de Acuaes, que chega aos depósitos de Pedreiras, A Costa, Cadrelo e o novo de Pardavila.
Iso permite que a maioría da subministración de auga a Marín estea garantida a través dos depósitos e da nova rede. Con todo nas horas punta existen dificultades na subministración ás zonas altas.
O principal escollo está en chegar a Seixo, xa que faltaría un último tramo de unión por poñer en marcha e que permita máis auga na rede e un aumento na presión.
Relacionadas:
-
Dan por emendada a avaría que dificultaba a subministración de auga a Seixo
Por Redacción |
-
Revisan a canalización da auga en Beiramar para detectar posibles estragos
Por Alejandro Espiño |
-
Unha avaría obriga a utilizar por primeira vez o anel de condución de auga entre Pontevedra e Marín de Acuaes
Por Redacción |