Fiscalía reduce a 6 meses de prisión a petición de pena para os responsables da asociación cannábica Casa María
Por Oskar Viéitez
O fiscal antidroga, Pablo Varela, retirou a acusación dun delito de asociación ilícita contra o colectivo 'Casa María' de Pontevedra, reducindo a súa petición de penas a 6 meses de prisión para cada un dos responsables desta asociación cannábica.
A Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra deixou este martes visto para sentenza o xuízo contra Javier P., presidente da Federación de Asociacións Cannábicas (FAC) de España, Luís A. e Rubén B. para os que o Ministerio Público pedía inicialmente entre dous e catro anos de prisión.
Ao elevar a definitivas as súas conclusións o fiscal ademais das penas de prisión pediu que se lles impoña unha multa de 2.644 euros.
Ademais a Fiscalía expresou a súa postura favorable para que esta condena sexa substituída por traballos en beneficio da comunidade.
Pola súa banda, os avogados da defensa pediron a nulidade das actuacións levadas a cabo porque, entre outros argumentos, impediuse a análise do cannabis incautado ao destruílo antes do prazo legal establecido. A defensa trataba de demostrar que a substancia intervida non supoñía ningún perigo para a saúde pública.
Os representantes legais dos acusados insistiron en pedir a libre absolución dos seus defendidos con todos os pronunciamentos favorables.
Relacionadas:
-
O Supremo confirma a condena aos fundadores do club de cannabis 'Casa María'
Por Natalia Puga |
-
Tres meses de prisión para os fundadores do club cannábico Casa María
Por Natalia Puga |
-
Persoas con lupus, migrañas e hiperactividade respaldan o uso terapéutico de cannabis no club 'Casa María'
Por Redacción |
-
O forte olor a marihuana no Campillo, orixe da intervención policial no club de cannabis 'Casa María'
Por Redacción |
-
Representantes de 'Casa María', acusados dun delito contra a saúde pública, defenden ante o xuíz o uso terapéutico do cannabis
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A Audiencia xulga esta semana os fundadores e un socio dun club de cannabis de Pontevedra
Por Redacción |