Unha das canteiras proxectadas en Cotobade paralízase e a outra ten informe negativo
Por Redacción
Unha das dúas canteiras que estaban en fase de tramitación no Concello de Cotobade está paralizada e a outra ben de recibir un informe medioambiental negativo. Estas dúas circunstancias deixan no aire os dous proxectos que estaban previsto acometerse nos vindeiros meses no municipio e que recibiran numerosas críticas.
O xefe territorial de Economía e Industria en Pontevedra, Ignacio Rial, comunicoulle estas dúas novas ao alcalde, Jorge Cubela, durante un encontro de traballo celebrado na Delegación Territorial da Xunta.
No trascurso da reunión o rexedor interesouse polo estado de tramitación das canteiras. O xefe territorial anuncioulle que esta mesma semana a empresa responsable da canteira de Covas anunciou ao departamento autonómico a súa decisión de desistir da súa solicitude.
Segundo fontes da Delegación Territorial da Xunta, "esta nova foi recibida polo alcalde con satisfacción, xa que, tal e como destacou Cubela, no Concello existía gran preocupación polo impacto medioambiental que podería xerar a execución desta canteira que se situaría en Tenorio".
O alcalde, satisfeito polas novas, xa que estaba preocupado polo impacto medioambiental que poderían ter
O rexedor indicou despois da reunión que "isto é un logro de todos os veciños de Cotobade", que o Goberno local "fixo o que tiña que facer". Recordou, ademais, que xa como candidato á Alcaldía se comprometera a "traballar con empeño" para lograr paralizar os proxectos e que os anteriores gobernos locais podían telos parado xa no ano 2005.
Esta satisfacción extrapolase á nova relativa á canteira de Louxa, que se situaría entre as parroquias de Borela, Rebordelo e Viascón. Ao respecto, Ignacio Rial confirmou que dende xuño existe unha declaración de efectos ambientais negativa.
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental xa lle deu traslado a empresa responsable da declaración de efectos ambientais negativa que ten este proxecto, indicou o xefe territorial.
O xefe territorial de Economía e Industria e o alcalde de Cotobade analizaron a situación das obras de electrificación rural, aspecto no que Rial destacou que se atopan xa en fase de execución os dous proxectos pendentes, o de O Maio e o de Vilanova.