Estes son os centros da nosa contorna que se incorporan ao libro dixital no vindeiro curso
Por Oskar Viéitez
Un total de 110 novos centros escolares incorporarán o libro dixital nas súas aulas por primeira vez o próximo curso 2018/19, polo que o proxecto de educación dixital, E-Dixgal, acada os 264 centros beneficiados e chegará a 18.000 alumnos (40% máis que o pasado curso).
Todos eles -estudantes de 5º e 6º curso de Primaria e 1º e 2º de ESO- recibirán unha ensinanza completamente dixital.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución, aínda provisional, na que se dan a coñecer os centros E-Dixgal para este novo curso.
Do total dos 264 centros E-Dixgal, 107 son da provincia de Pontevedra (40 novos).
Na convocatoria deste ano reforzouse o proxecto en ESO cun plantexamento máis flexible e adaptable, posto que require un mínimo de seis materias no modelo dixital, mentres que ata agora se incluían todas as materias na iniciativa.
Tamén cómpre lembrar que, ata o momento, para acceder a este programa era necesario que os centros participaran no proxecto Abalar. A partires de agora subminístrase o equipamento informático necesario –fundamentalmente ultraportátiles para os alumnos– aos centros que non conten con el.
Estes son os centros da nosa área que se incorporan ao libro dixital no novo curso:
- CEIP da Torre Cela, Bueu
- CEIP de Tenorio, Cotobade
- CEIP do Carballal, Marín
- CEIP A Xunqueira 1, Pontevedra
- CEIP P. A Florida, Sanxenxo
- CEIP Arealonga, Vilagarcía de Arousa
- CEIP San Tomé, Cambados
- CEIP de Lourido, Poio
- CEIP A Escardia, Vilagarcía de Arousa