Pontevedra, declarado concello contrario á tortura animal
Por Natalia Puga
Pontevedra sumouse este luns oficialmente aos concellos e deputacións galegas declarados antitaurinos. Ao igual que fixo a Deputación Provincial, o pleno acordou que sexa unha administración contraria aos espectáculos onde se someta aos animais a torturas, maltrato ou violencia.
Ese foi o resultado do debate no pleno da corporación municipal dunha moción presentada por Marea Pontevedra e que contou cos votos a favor do BNG e o PSOE. Votaron en contra os sete concelleiros do PP e non puido manifestar o seu posicionamento a concelleira de Cidadáns, María Rey, a quen lle foi imposible acudir á sesión por cuestións personais.
A moción inicial de Marea, presentada a petición da plataforma 'Galicia, Mellor sen Touradas', tiña dous obxectivos: declarar a Pontevedra concello contrario á tortura e maltrato animal e instar á Xunta de Galicia a realizar as modificacións lexislativas oportunas para vetar a realización de eventos tauromáquicos en Galicia.
O texto finalmente aprobado engadiu dúas enmendas. A primeira dela foi unha aportación do BNG para que a moción tamén instase ao goberno central a prohibir a realización de eventos tauromáticos a nivel estatal. A segunda foi un engadido do propio grupo municipal de Marea para que esa prohibición sexa a nivel europeo.
O voceiro do PSOE, Tino Fernández, apoiou o moción e destacou que o seu partido está a favor de "todo o que vaia en contra do maltrato animal", pero destacando que resulta "extraño" que se tiveran feito tantas aportacións a unha mesma moción.
Pola súa parte, o voceiro do PP, Jacobo Moreira, que desde este luns deixa de ser concelleiro en Pontevedra, insistiu no seu voto en contra porque "hai que dar liberdade aos veciños de Pontevedra" para que escollan se queren ir ou non aos espectáculos taurinos. Destacou, ademais, que "a Pontevedra lle vén moi ben" a feira taurina da Peregrina e os empresarios hosteleiros agradecen todos os visitantes que teñen durante as fins de semana de festas de agosto.
A sesión plenaria tamén debateu outra proposta do PSOE para a adopción de medidas relativas á nova ordenanza de protección animal de Pontevedra, unha nova normativa que todos os grupos políticos aprobaron que se elaborara no pleno de xaneiro de 2017 e na que aínda non se avanzou.
Inicialmente a concelleira Paloma Castro pedía que o Concello adoptara medidas urxentes de protección animal, pero finalmente retirouse ese carácter de urxencia e aprobouse por unanimidade de todos os partidos da corporación.
Relacionadas:
-
En Marea pide explicacións polo apoio presencial do vicepresidente da Xunta á festa taurina de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Touradas fóra de Pontevedra aprecia un crecemento "moi importante" na sensibilización da cidadanía contra a tauromaquia
Por Oskar Viéitez |
-
O xornalista Rodrigo Cota lerá o manifesto antitouradas
Por Oskar Viéitez |
-
A Fundación Toro de Lidia presenta o seu Capítulo á afección taurina pontevedresa
Por Marisa Ciordia |
-
Eduardo Lozano: "A mellor resposta a este movemento animalista é seguir acudindo aos touros"
Por Marisa Ciordia |
-
"La Manada" xa non é grata en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Mocións contra as touradas en todos os concellos de Terras de Pontevedra
Por Redacción |
-
Os antitouradas volven esixir na rúa a abolición da tauromaquia en Galicia
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |