Unha bendición sobre rodas
Por Redacción
Pedir guía e protección ante os perigos da estrada. Con ese obxectivo, os taxistas de Pontevedra celebraron unha serie de actos para homenaxear ao seu patrón, San Cristóbal.
De novo, a cita máis concorrida foi a tradicional bendición dos seus vehículos, realizada tras a misa celebrada na igrexa de Santa María de Mourente.
Antes da eucaristía, numerosos vehículos concentráronse nas inmediacións da igrexa.
Unha vez subida a figura do santo a un camión decorado para a ocasión, os vehículos protagonizaron unha procesión motorizada que, como cada ano, percorreu as rúas da cidade, atraendo a atención de veciños e visitantes e facéndoos partícipes da celebración.