Ducias de vehículos 'pasean' a San Cristóbal por todo Poio
Por Redacción
Taxis, turismos e varios camións engalanáronse para celebrar o día do seu patrón, San Cristóbal, en Poio.
Todos eles estaban convocados a unha concentración nas proximidades do Mosteiro de Poio, onde se oficiou unha misa que estivo acompañada da actuación da Coral de Poio.
Tras a eucaristía e a tradicional bendición dos vehículos congregados, comezou unha procesión para pasear o santo por diferentes lugares do municipio.
A caravana percorreu a PO-308 desde o mosteiro ata a rotonda da Granxa, onde deron volta e regresaron polo mesmo camiño ata A Barca.
A procesión, que finalizou no recinto da Seca, foi o preludio dunha gran cea que estivo amenizada polo Dúo Caché.