O novo pavimento da Ferrería "terá que esperar"
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acudiu este venres ao Paseo de Odriozola para inspeccionar o resultado final das obras acometidas nesta contorna.
Aínda que se mostrou satisfeito coa reforma, Lores lamentou que o proxecto non alcanzase a toda a Praza da Ferrería, "ogallá tiveramos cartos para facer máis cousas", comentou o rexedor.
"Está moi mal esa pedra", sinalou Fernández Lores "e ademáis interesa decilo porque esta pedra non é antiga, e do ano 1986, sendo alcalde Rivas Fontán", dixo. En concreto, Lores apuntou que as lousas de pedra da praza foron aportadas por unha unha fábrica de salgadura de Vigo, e que se trata dun material moi fráxil "e que escacha con calquer peso".
"Estamos todo ou día renovando pedras pero non da para máis", declarou o alcalde.
Pola súa banda, o concelleiro do Centro Histórico, Luís Bará, indicou que "o principio estaba previsto poñer este pavimento novo en toda a praza pero houbo que reducir o proxecto en función do diñeiro aportado pola ONCE".
"A Ferrería vai aguantando, nos tempos nos que estamos hai moitas obras que facer e pensamos que terá que seguir así algún tempo e cando haxa medios económicos procederase a renovalo", concluíu Bará, "terá que esperar".