Sufriu un accidente de tráfico? Elixa un hospital que ofreza asistencia integral
Cando se é vítima dun accidente de tráfico, a clave para obter unha boa recuperación ou restablecemento está en elixir un centro hospitalario que ofreza atención integral durante todo o proceso e cun seguimento coordinado polos especialistas.
A atención sanitaria para as lesións causadas nun accidente de tráfico non está incluída no catálogo de prestacións do Sistema Público de Saúde, xa que hai un terceiro obrigado ao pago (a compañía de seguros ou o titular do vehículo culpable do accidente, se non está asegurado). Por iso, os lesionados teñen dereito a elixir o centro hospitalario e os médicos para a súa curación.
Na provincia de Pontevedra, moitos dos lesionados de tráfico elixen a Unidade de Tráficos do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez porque presta un servizo integral, cobre toda a asistencia sanitaria e resolve todos os trámites administrativos, xa que dispón de acordo con todas as compañías aseguradoras de vehículos.
Que asistencia sanitaria se presta nunha Unidade de Tráficos?
Esta Unidade está formada polo Servizo de Urgencias 24 horas, Unidade de Coidados Intensivos, probas diagnósticas con radioloxía de alto campo, o Centro de Rehabilitación e o Instituto de Neuro-rehabilitación, en caso de lesións con dano cerebral.
Os lesionados acceden ao Servizo de Urxencias 24 que dispón de médico de urxencias e médicos especialistas en Traumatoloxía, Cirurxía Xeral e Medicina Interna os 365 días do ano. Mentres o equipo médico realiza unha primeira valoración, en paralelo, o equipo administrativo inicia as xestións coa compañía aseguradora que debe asumir os custos do tratamento.
"A intervención rápida é clave no tratamento deste tipo de pacientes" apunta Ana Domínguez, doutora especialista en traumatoloxía da Unidade de Tráficos. "Desde o Servizo de Urxencias podemos acceder a técnicas diagnósticas de alta resolución o cal nos facilita aos médicos o tratamento correcto dos lesionados" subliña a doutora Ana Domínguez.
Os médicos son os que pautan o ingreso ou o tratamento ambulatorio e, no seu caso, a rehabilitación de fisioterapia e consulta con especialista.
No Centro de Rehabilitación Quirónsalud aplícanse diferentes terapias, "en función da patoloxía e o estadío da lesión aplícanse terapias coas que acompañar o proceso de recuperación: Electroterapia, Masoterapia, Miofascial, Punción Seca, Terapia Manual Manipulativa (osteopatía, Mulligan), Exercicio Terapeútico e exercicio de readaptación á actividade laboral" explica Juan Redondo, coordinador do Centro.
UNIDADE DE DANO CEREBRAL, UN TRATAMENTO MULTIDISCIPLINAR
Os lesionados con traumatismos cranioencefálicos con dano cerebral acoden ao Instituto de Neuro-Rehabilitación Quirónsalud Pontevedra, tamén incluído no convenio de tráficos.
"O ingreso realízase cunha valoración da médico- rehabilitadora que, en coordinación coa familia e o equipo, establecen os obxectivos de recuperación" explica a doutora Ana Enríquez, coordinadora. A terapia desenvólvese en colaboración coa familia, "o 40% do éxito da rehabilitación do dano cerebral adquirido está na participación activa das familias" apunta a doutora Enríquez.
Todo o equipo traballa cun obxectivo común de recuperación desde o médico rehabilitador, o neurólogo, o psiquiatra, o fisioterapeuta neurolóxico, terapeutas e traballadores sociais e cada paciente conta cun plan intensivo e individualizado.
Tamén se inclúe a rehabilitación robotizada co Lokomat®; esta innovadora tecnoloxía, facilita un progreso máis rápido mediante sesións de adestramento máis longas, intensivas e eficientes.
Entrevista con Ana Domínguez, médico traumatólogo Quirónsalud Pontevedra
Que traumatismos son os máis habituais en accidentes de tráfico?
- Distinguimos entre os accidentes a pouca velocidade (baixa enerxía) que se rexistran en tramos urbanos onde a lesión máis frecuente é o lategazo cervical e, os accidentes na estrada que se producen a maior velocidade (alta enerxía), cuxas lesións son máis graves, con fracturas ou lesións medulares.
Cal é o proceso unha vez que un accidentado chega ás urxencias de Quirónsalud?
- O lesionado de tráfico é atendido para realizarlle unha correcta historia clínica, exploración física por profesionais con grande experiencia neste campo e, nese momento, tómase a decisión de que tipo de exploracións complementarias se indican. Tanto de imaxe, radiografía, Tac, RMN como de laboratorio. Unha vez completado o diagnóstico, decídese ingreso ou tratamento ambulatorio. Neste último caso, páutase tratamento médico e iníciase a solicitude de fisioterapia e consulta co especialista correspondente.
É importante actuar con celeridade ante os traumatismos?
- É moi importante un rápido diagnóstico para poder iniciar tratamento de forma correcta e mellorar o prognóstico das lesións que aparecen.
Como inflúen as probas diagnósticas na recuperación do accidentado?
- Son unha grande axuda ao clínico para completar diagnóstico de lesións e toma de decisión de tratamento adecuado. Desde o Servizo de Urxencias, hoxe en día, pódese acceder a técnicas diagnósticas de alta resolución, o cal nos facilita aos médicos o tratamento correcto dos lesionados.
Segundo a súa experiencia, nun lesionado de tráfico, que factores son os máis determinantes na recuperación do paciente?
- Un correcto diagnóstico, un correcto tratamento e unha boa colaboración por parte do paciente. Débese entender que o traballo posterior do propio paciente é tan importante como o inicial realizado polos profesionais ao seu servizo.
Entrevista con Juan Redondo, responsable do Centro de Rehabilitación Quirónsalud Pontevedra
Que tipo de lesionados de tráfico tratan no centro?
- Principalmente patoloxía de costas, como son as escordaduras cervicais, cervicalxias e lumbalxias, pero tamén acoden a nós casos de tendinopatías de ombreiro a causa do impacto, fracturas costais, esmagamentos de vértebras e grandes accidentados, como os polifracturados.
Que terapias ofrecen para estes pacientes?
- En función da patoloxía e o estadío da lesión aplícanse diferentes terapias coas que acompañar o proceso de recuperación: Electroterapia, Masoterapia, Miofascial, Punción Seca, Terapia Manual Manipulativa (osteopatía, Mulligan), Exercicio Terapeútico e exercicio de readaptación á actividade laboral.
As lesións dun accidente de tráfico recupéranse ao 100%?
- Depende da gravidade da lesión. No caso de patoloxías leves como as escordaduras cervicais, alxias cervicais e lumbares e tendinopatías, a recuperación é completa. Os casos máis severos dependen da gravidade da lesión e as estruturas danadas, aínda que nestes casos sempre se tenta achegar o máximo posible á recuperación completa.
Cantas sesións de RHB adóitanse necesitar nun caso de escordadura cervical?
- En función do grao da escordadura e o estado previo do paciente, a recuperación completa dunha escordadura cervical sitúase nun mes para as escordaduras cervicais leves (a gran maioría dos casos) e 2 meses para os moderados ou graves.
Entrevista con Ana Enríquez, coordinadora do Instituto de Neuro-rehabilitación Quirónsalud Pontevedra
Cales son os lesionados de tráfico máis frecuentes con dano cerebral?
- A lesión máis frecuente é o traumatismo cranial que pode producir hemorraxias cerebrais en distintas áreas e, por tanto, alteracións funcionais e cognitivas nas persoas.
Cales son as claves do tratamento?
- As claves do éxito están na precocidade en someterse ao tratamento, na intensidade e contar cun equipo multidisciplinar. A nosa experiencia demóstranos que é importante empezar o tratamento canto antes, cunha terapia intensiva, supervisada por un equipo multidisciplinar e continuar cunha recuperación ambulatoria.
En que consisten as terapias?
- Realízanse diariamente e de forma individual, cunha duración de 45 minutos, en réxime de hospitalización e ambulatorio. Están dirixidas a recuperar as funcións danadas, a potenciar as que están reservadas e adaptarse ás limitacións que se poidan derivar do dano cerebral.
Que duración adoitan ter estas terapias?
- Son terapias de longa duración, temos unha estancia media de 2-3 meses e logo hai que continuar coa rehabilitación. O importante é que as familias saiban que ante unha lesión de dano cerebral hai alternativas para recuperar a autonomía, temos casos co 100% de recuperación e outros nos que se conseguiu volver á vida diaria cunha grande independencia. Recomendo dirixirse ás asociacións de pacientes e ao noso centro para conseguir apoio e asesoramento, sen compromiso.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Coñecemos o Instituto de Neuro-Rehabilitación Quirónsalud e tres historias de superación
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud Miguel Domínguez reforza as Urxencias e renova habitacións e zonas de traballo
Por Oskar Viéitez |
-
A "segunda oportunidade" na vida tras sufrir dano cerebral adquirido
Por Redacción |
-
O Instituto de Neuro-rehabilitación Quirónsalud Pontevedra conta co único Lokomat adaptado para pediatría de Galicia
Por Redacción |