Temperaturas de 25 graos para esta fin de semana nas Rías Baixas
Por Redacción
Estamos nun período de tempo máis propio da primavera que do verán debido a que o anticiclón non se asenta en Galicia. Segundo informa Meteogalicia, durante este venres continuarán predominando as altas presións, os ventos do norte e o aire frío en capas medias e altas da atmosfera.
O ceo mantense parcialmente nubrado con néboas costeiras nas Rías Baixas. As temperaturas mínimas sitúanse sobre os 18 graos mentres que as máximas alcanzan os 27. Os ventos sopran frouxos do nordeste, con réxime de brisas tamén nas Rías Baixas.
Durante o sábado continuará esta situación de inestabilidade. O ceo manterase parcialmente nubrado. As temperaturas oscilan entre os 16 e os 25 graos, con ventos variables, con bristas que se manterán nas Rías Baixas.
Este domingo 15, a situación atmosférica será moi indefinida con altas presións na zona de Azores e unha baixa ao sur de Islandia. Haberá ceos moi nubrados durante a mañá, con posibilidade de choivas débiles en puntos do litoral. Está previsto que durante a tarde ábranse os claros. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso situándose entre 15 e 25 graos con ventos que soprarán frouxos do sur durante a mañá, cambiando a oeste pola tarde.
Galicia continuará o luns da próxima semana nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con ventos de oeste que achegarán moita humidade. O ceo atoparase moi nubrado con posibilidade dalgunha choiva débil e ocasional no litoral atlántico. As temperaturas mínimas manteranse igual e as máximas descenderán ata chegar aos 22 graos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste.