Un camión traslada alimentos e obxectos básicos para Angola desde Vilagarcía
Por Redacción
Fundación Amigos de Galicia colaborou coa misión levada a cabo pola misioneira vilagarciá Sofía Quintáns en Luanda, a capital de Angola, a través dun camión que partía de Vilagarcía de Arousa ata O Porto no que se trasladaron alimentos e outras necesidades básicas. Unha vez no Porto van enviarse a través dun barco ao país do sur de África.
Esa mercadoría será recibida por Sofía Quintáns en Angola. Esta misioneira franciscana traballa na zona de Luanda con persoas que se atopan en situación de especial neceisdad, especialmente con máis de 100 escolares con enfermidades raras, en hospitais e con persoas en situación de necesidade.
Os alimentos e outras necesidades básicas foron reunidos pola asociación galega Ilusión por Angola, á que pertence o pai da misioneira, Juan Luís Quintáns.