Buscan propietarios para unha camada de gatos abandonada nun contedor de lixo
Por Redacción
Os integrantes do servizo de Protección Civil de Caldas buscan unha familia ou diversas persoas que queiran facerse cargo de varios gatos recentemente nados que foron salvados por esta agrupación tras ser abandonados e lanzados a un contedor de lixo en Saiar, en Caldas de Reis.
Foi un particular o que alertou sobre a presenza dos animais ao servizo de Emerxencias do 112 Galicia. Desde alí puxéronse en contacto cos membros de Protección Civil, que acudiron ata a zona e se atoparon aos gatos no interior dunha bolsa. Unha vez rescatados, os felinos mantéñense en dependencias municipais baixo a protección de dous voluntarios, que lles están proporcionando axuda para que sobrevivan, dentro da #Misión4Patas, que a agrupación desenvolve para localizar fogares de acollida a animais abandonados.
Aquelas persoas que estean interesadas en adoptar algún destes gatos de apenas uns días de vida poden poñerse en contacto con Protección Civil de Caldas de Reis a través dos teléfonos 986.191.958 e 609.829292.