Sanxenxo xa vai inflando as colchonetas para o seu Mundial
Por Redacción
O domingo 22 de xullo, a praia da Panadeira volverá acoller as imaxes máis divertidas do verán na vila turística de Sanxenxo. Centos de persoas volverán participar no Mundial de "Colchonetas", que chega a súa décima edición.
Organizada pola asociación lúdica e cultural 'O Cubreiro', esta competición lembra aos participantes a recomendación de inscribirse achegando alimentos non perecedoiros para doalos a asociacións benéficas ou penso para cedelo á asociación de animais rueiros APIS de Sanxenxo.
Unha vez máis se celebrará un photocall e antes da saída vai levarse a cabo o divertido quecemento preceptivo a cargo dos organizadores con bailes e ximnasia.
Disputaranse tres carreiras. A partir das 12.30 horas tomarán a saída os menores de 10 anos. Ás 13.00 horas desenvolverase a proba de menores con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos. E por último, ás 13.30 horas se disputará a competición de adultos. Haberá premios para os tres primeiros clasificados en cada unha das categorías. Tamén haberá premio para o mellor disfrace en grupo.
A inscrición se inicia hora e media antes da carreira. Na categoría infantil dótase dun chaleco salvavidas aos participantes para evitar incidentes. Na edición de 2017 participaron ao redor de 280 persoas e a organización agarda superar esa cifra este verán.