Un accidente de moto con dous feridos causa importantes danos nun escaparate de Rosalía de Castro
Por Redacción
Un accidente de moto deixou a pasada madrugada dúas persoas feridas leves e rechamantes danos materiais nun local comercial da rúa Rosalía de Castro de Pontevedra.
Segundo indicaron fontes policiais, no momento do accidente circulaban na moto dúas persoas e ambas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Quirón Saúde Miguel Domínguez para recibir asistencia das feridas. As lesións foron, en principio, de carácter leve en ambos os casos.
Por cuestións que aínda non transcenderon, a moto saíuse da vía e impactou contra a fachada dunha tenda de informática de Rosalía de Castro. Como resultado do impacto, provocou importantes danos na reixa da porta de acceso que aínda era visibles a media mañá deste xoves.