Marín estrea a ampliación do seu mercado ambulante
Por Redacción
O mercado ambulante de Marín, a partir de este xoves, esténdese ao longo da rúa do Sol e a rúa Real, co obxectivo de dinamizar esa zona peonil.
O goberno municipal explica que, unha vez reformulada a feira, quedan aínda postos por colocar. Son aqueles que, tras ser adxudicatarios dun deles, aínda non fixeron o ingreso correspondente polo que non puideron montar o seu negocio.
O impacto do novo mercado foi moi positivo, segundo destaca a concelleira de Comercio, Cristina Acuña, xa que o bo tempo animou a unha maior afluencia de xente.
O resto do mercado que todos os xoves ten os postos na contorna da praza de abastos sigue tamén cos postos existentes e ofrecendo moita variedade e concentrando moito público nesta zona.