Paella mediterránea con berberechos e mexillóns Pescamar
Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das Conservas Pescamar e un prato imprescindible na cociña estival: a paella.
Nesta ocasión, imos combinar as latas de mexillóns e berberechos Pescamar cunhas colas de rape, lagostinos e lura para así alcanzar a textura e sabor da paella mediterránea.
Para preparar unha deliciosa Paella mediterránea con berberechos e mexillóns Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 lata de berberechos ao natural Pescamar
- 1 lata de mexillóns en escabeche Pescamar
- 2 colas de peixe sapo
- 2 luras
- 8 lagostinos
- 4 cunquiñas de arroz para paellas
- 6 allos tenros
- 6 espárragos verdes
- Pemento verde pequeno
- Aceite de oliva virxe extra
- Caldo de peixe
- Azafrán
Preparación:
Pasamos pola tixola lixeiramente as luras e as colas de peixe sapo. Reservamos.
Sofreímos os allos tenros, as colas dos espárragos e o pemento, cortados en anacos pequenos. Engadimos o arroz ata que tome un pouco de cor.
Xuntamos todos os ingredientes na paelleira cun pouco de azafrán e engadimos o caldo de peixe. Cocemos a lume forte 10 minutos e outros 10 a lume medio-baixo.
Cando falten uns 7 minutos, engadimos as luras e as colas de peixe sapo que reservaramos, xunto coas puntas dos espárragos e os lagostinos pelados.
Unha vez finalizada a cocción, engadimos, previamente escorridas, as latas de berberechos ao natural Pescamar e a de mexillóns en escabeche Pescamar e deixamos repousar uns minutos tapado.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva", de Conservas Pescamar.