Música e actividades para todos os públicos amenizarán as festas de Seixo
Por Redacción
Seixo celebrará esta fin de semana os seus particulares Festas de Verán. Coincidindo coa festividade do Carme en todo o municipio, os veciños terán a disposición un variado programa de actividades lúdicas para todos os públicos.
As festas, organizadas pola asociación ACEMAS, comezarán o venres 20 de xullo cunha verbena na contorna da remodelada Alameda, a partir das dez da noite, que estará amenizada polo Grupo Cosmos e o Dúo Caché.
A medianoite, ademais, haberá unha queimada popular gratuíta para os asistentes.
Ao día seguinte, sábado 21, haberá actividades infantís desde as 11.30 horas con inchables, xogos de auga, xogos populares e animación musical. Ao mediodía, a agrupación Os Saljariteiros percorrerá toda a parroquia cos seus cantos de taberna.
A xornada finalizará, ás nove da noite, cun concerto da Banda de Música de Marín.