Rescatan dous menores nun veleiro á deriva pola ría de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Dous menores de 14 e 7 anos de idade tiveron que ser rescatados polo servizo marítimo da Garda Civil tras quedar á deriva na ría de Pontevedra a bordo dun veleiro.
Unha patrulleira recibiu o aviso pouco antes da unha da tarde. Un veleiro de adestramento, duns tres metros de eslora atopábase á deriva e, a bordo do mesmo, ían dous nenos que, por causas que se descoñecen perderon o control da embarcación.
Tras chegar ao momento no que se atopaba o veleiro, os axentes subiron aos menores na embarcación auxiliar da patrulleira e, posteriormente, puxeron rumbo cara ao porto de Raxó, do que saíran.
Ao chegar ás proximidades do porto, os dous mozos foron deixados en custodia de dous monitores, a bordo dunha embarcación semirríxida do club náutico da localidade.
Ningún deles, segundo fontes do instituto armado, presentaba dano algún.