Pechan Cruz Vermella entre Álvaro Cunqueiro e Padre Gaite para crear a nova praza peonil
Por Redacción
Os coches xa non poden cruzar desde Cruz Vermella cara Padre Gaite. As obras de reforma urbana na zona deron un paso adiante e, desde este martes, a rúa está pechada á circulación desde Álvaro Cunqueiro.
Este ámbito é o que acollerá a nova praza peonil que se construirá nesta zona, un dos principais cambios que vivirá Cruz Vermella con esta remodelación integral.
Todos os vehículos que circulen por Cruz Vermella poderán saír cara a avenida de Bos Aires por Salustiano Portela Pazos.
Ademais, dende o xoves 12 de xullo tamén se prohibirá o estacionamento no lateral esquerdo da rúa Padre Gaite, xunto ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde se habilitará un carril de circulación; e se trasladará o estacionamento das ambulancias do centro de Cruz Vermella ao lateral dereito de Padre Gaite.
A intención é que esta nova praza peonil estea rematada en setembro, para que a comunidade educativa do colexio Manuel Vidal Portela poida acceder ás aulas con total normalidade.
A partir de aí, os traballos continuarán no resto de Cruz Vermella e nas rúas perimetrais de Álvaro Cunqueiro, Salustiano Portela Pazo, Padre Gaite e a praza da Castaña.
Relacionadas:
-
O Concello presenta os espazos de estacionamento de vehículos na rúa Cruz Vermella
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O corte ao tráfico de Pai Gaite líaa parda
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Cortan o tráfico en Padre Gaite e A Seca a partir do luns
Por Redacción |
-
A reforma de Cruz Vermella comezará coa construción da nova praza peonil
Por Alejandro Espiño |
-
Adxudican á empresa COVSA a reforma de Cruz Vermella por 1,1 millóns
Por Redacción |