O Concello de Cuntis leva a cabo a roza de maleza nas estradas municipais
Por Redacción
O Concello de Cuntis iniciou a campaña de roza das vías nos núcleos rurais aproveitando o bo tempo do verán. Os labores acométense con dous tractores municipais e cunha brigada de operarios que realizan a limpeza de maneira manual.
Os traballos iniciáronse polas parroquias de Portela, Couselo e Arcos de Furcos. Tras esta primeira fase, se acometarán os labores nas parroquias de San Mamede, Estacas e Cuntis.
O gobierrno local espera que esta campaña finalice no mes de agosto xa que para o equipo do alcalde Manuel Campos é unha prioridade acometer este labor de limpeza de vías nos núcleos rurais. O Concello de Cuntis conta con máis de 600 quilómetros de vías municipais.