Mulleres en Igualdade reclama o CIM de Ponte Caldelas como un dereito para as vítimas da violencia machista
Por Redacción
Ponte Caldelas foi o único concello de toda a provincia de Pontevedra que non solicitou a axuda á Secretaría Xeral de Igualdade para cubrir os gastos do servizo dos Centros de Información á Muller (CIM). Desde a Xunta lamentaban esta decisión cando entre o persoal do Concello de Ponte Caldelas hai dúas profesionais "traballando e dando atención psicolóxica e asesoría xurídica".
Desde as colectivo Mulleres en Igualdade de Cerdedo-Cotobade, A Lama e Ponte Caldelas quixeron dar un toque de atención ao goberno tripartito de Ponte Caldelas e reclaman o funcionamento do CIM neste municipio para garantir que todas as mulleres que son vítimas da violencia teñan garantidos os seus dereitos.
"Non podemos nin queremos permitir que se obvien eses dereitos, que se utilice a nosa figura para actos onde se lavan as mans persoas que non senten a nosa dor cando unha muller é asasinada", explican nun documento. E sinalan que a obrigación do colectivo é defender o CIM e traballar para garantir que todas aquelas mulleres que sofren, teñan dentro desas siglas o seu espazo de protección.
Relacionadas:
-
O goberno de Andrés Díaz afirma que o servizo do CIM se mantén e unicamente con fondos municipais
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas foi o único concello da provincia que non pediu subvención para o CIM
Por Oskar Viéitez |
-
As dúas ex traballadoras do CIM de Ponte Caldelas integraranse nun novo servizo municipal
Por Redacción |
-
Igualdade convoca a Andrés Díaz a unha xuntanza para reabrir o CIM de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A Xunta empraza ao Concello de Ponte Caldelas a que reabra o CIM
Por Oskar Viéitez |