Maica Larriba estréase como subdelegada do Goberno nun acto con Gonzalo Caballero
A nova subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, estreouse este luns no seu primeiro acto público tras tomar posesión do cargo na Delegación do Goberno en Galicia a pasada semana. A súa presentación oficial será o vindeiro xoves 12 de xullo, pero tres días antes fixo un parón na " tarefa ardua" de poñerse ao día no posto para participar nun paseo pola cidade do Lérez acompañada por cargos do seu partido.
O secretario xeral do PsdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, desprazouse ata a capital para acompañar a Maica Larriba, nun café e un paseo polo centro. Ao seu termo, Maica Larriba explicou que segue "tomando terra" na Subdelegación do Goberno, "facéndome coas novas responsabilidades" e evitou manifestarse sobre ningún tema de actualidade, pois "procuro ser o máis prudente posible" ata que xa estea totalmente habituada ao cargo.
Neste primeiro acto tras xurar o cargo Maica Larriba contou co respaldo de representantes do partido a nivel local -os concelleiros Agustín Fernández e Paloma Castro-, provincial -o ex secretario provincial, Modesto Pose- autonómico -Gonzalo Caballero- e estatal -o deputado no Congreso Guillermo Meijón-, entre outros cargos socialistas.
Gonzalo Caballero, do que Maica Larriba destacou que é " compañeiro, amigo e secretario xeral do PSdeG", insistiu en que o deste luns foi un encontro informal "entre dous amigos" e compañeiros do partido que compartiron "moitas batallas en defensa de políticas sociais, en defensa de avances e de políticas sociais desde as administracións públicas".
Este luns compareceron xuntos para falar dunha nova etapa "apaixoante" de Pedro Sánchez como presidente do Goberno na que que se abre a porta a un " goberno de progreso" que vai tentar "marcar pautas de cambio, de dignidade e de exemplaridade na acción pública" e poñer en marcha "avances sociais e políticas sociais para a maioría da cidadanía que permitan un desenvolvemento e unha mellor calidade de vida para os cidadáns e para os veciños".
Ademais, houbo momento para falar en clave de política autonómica e manifestar a súa "incredulidade" co comportamento do presidente do PPdeG e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que desde que Pedro Sánchez relevou a Mariano Rajoy na Moncloa está a reclamar "todo u que eles non fixeron" nunha etapa de Goberno do PP en que el foi "un perfecto cómplice de Rajoy, que calou cando Rajoy deixou de gastar 2.000 millons de euros que estaban orzamentados para Galicia e non foron executados".
Mostrouse especialmente crítico coa súa actuación en relación coa ampliación da ponte de Rande, por participar na "inauguración fraudulenta" en decembro e porque anunciaran que en xullo se retiraría a peaxe da AP-9 en Redondela e, con todo, "descubrimos que non houbo avances, que non houbo acordos coa concesionaria e de novo Feijóo e Rajoy enganaron as galegas e os galegos".
Primeiro acto público de Maica Larriba como subdelegada
A súa presentación oficial será o vindeiro xoves 12 de xullo, pero tres días antes fixo un parón na " tarefa ardua" de poñerse ao día no posto para participar nun paseo pola cidade do Lérez acompañada por cargos do seu partido
© Mónica Patxot
Relacionadas:
-
RADIO.- Maica Larriba: "O Villa de Pitanxo foi horrible; eu nunca vin tan de preto a dor e a desesperación"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Maica Larriba, tres anos de traballo para que "a voz da cidadanía entrase na Subdelegación"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Maica Larriba ponse ao día no traballo da Policía Nacional e a Garda Civil
Por Redacción |
-
Maica Larriba, subdelegada dun Goberno feminista que buscará "dar visibilidade a esa metade da poboación que parece invisible"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A subdelegada do Goberno Maica Larriba, preocupada por un acto vandálico contra uns parrulos no río Gafos
Por Redacción |
-
Maica Larriba toma posesión como subdelegada do Goberno en Pontevedra
Por Redacción |
-
Maica Larriba, nova subdelegada do Goberno en Pontevedra
Por Natalia Puga |