A Fiscalía pide 19 anos de prisión para un home por agredir e abusar sexualmente das súas dúas fillastras menores de idade
Por Oskar Viéitez
A Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra sinalou para o vindeiro xoves día 12 de xullo o xuízo contra un home acusado de agredir e abusar sexualmente ás dúas fillas da súa parella cando eran menores de idade. A Fiscalía demanda 19 anos de cárcere.
Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, no momento dos feitos e ata novembro de 2016, este home convivía coa súa esposa no domicilio familiar en compañía das fillas da súa parella, dúas nenas menores que quedaban a cargo e coidado do acusado por razón do horario de traballo ou outras ocupacións da súa nai.
Entre xullo de 2012 e de novembro de 2016 (data da presentación da denuncia) e por tanto cando unha das nenas, contaba entre 12 e 17 anos de idade, o procesado, ao longo da convivencia, "con ánimo de satisfacer os seus desexos libidinosos e valéndose da ascendencia que tiña sobre ela pola súa condición de esposo da súa nai", adoitaba aproveitar os intres en que se atopaba a soas coa menor, dado que a súa nai marchara ben a traballar ou a outras ocupacións, para efectuarlle tocamentos nas zonas xenitais, chegando a manter relacións sexuais completas coa mesma sendo menor de idade, ás que nun principio ela resistiuse, pero el forcexeaba e ameazáballe. Estes feitos repetíanse todos os días, mesmo dúas veces ao día, e prolongáronse durante máis de catro anos.
En data indeterminada, pero en todo caso, entre os anos 2015 e 2016 e por tanto, cando a outra filla da parella do acusado, contaba con 10 anos de idade, e ata que cumpriu os 11 anos, o acusado valeuse das circunstancias antes mencionadas para realizar tocamentos á menor nos peitos e nos seus xenitais por baixo da súa roupa e só cesaba nesta conduta cando a nena rabuñábao ou o pateaba.
A Fiscalía considera que estes feitos son constitutivos dun delito continuado de agresións sexuais e doutro delito de abuso sexual a menor de 16 anos.
Polo primeiro dos delitos pide a pena de catorce anos de prisión, e coa prohibición de aproximarse á persoa, domicilio, lugar de traballo da vítima a menos dun quilómetro por tempo superior a 10 anos da pena de prisión que impoña na sentenza así como a prohibición de comunicarse con ela, por calquera medio, polo mesmo tempo, e a pena de nove anos de liberdade vixiada que se executará con posterioridade á pena de prisión.
Polo delito de abuso sexual continuado pide a pena de cinco anos de prisión coa prohibición de aproximarse á persoa, domicilio, lugar de traballo da vítima a menos dun quilómetro por tempo superior a cinco anos da pena de prisión que impoña na sentenza así como a prohibición de comunicarse con ela, por calquera medio, polo mesmo tempo, así como a pena de catro anos de liberdade vixiada que se executará con posterioridade á pena de prisión.
En concepto de responsabilidade civil, o Ministerio Fiscal pide que o procesado indemnice á primeira das nenas na cantidade de 50.000 euros polos danos morais causados e á segunda na cantidade de 9.000 euros.