A Deputación acelera a adaptación das empresas do sector turístico ás novas tecnoloxías da comunicación
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer este xoves a posta en marcha dunha aceleradora de empresas dentro do proxecto TurisTic como unha iniciativa pioneira para a adaptación das empresas do sector turístico provincial ás novas tecnoloxías da comunicación.
Silva dixo que esta aceleradora estará a disposición de cinco empresas do sector na provincia.
Este proxecto vai dirixido a emprendedores, empresarios, autónomos, profesionais e pemes da nosa provincia con interese en dar un forte impulso ao seu negocio turístico mediante un programa de monitorización, un asesor persoal que fará o seguimento e a dinamización e formación en grupo especializada.
Os interesados nesta aceleradora poden anotarse, dende a páxina web de SmartPeme, a partir do luns 9 de xullo.
O 13% das empresas da provincia pertencen ao sector turístico, o que representa o 34% do sector en Galicia.
Relacionadas:
-
Fronte á baixa do Estado, a provincia de Pontevedra incrementa a súa rendibilidade no sector turístico
Por Oskar Viéitez |
-
Agardan que a ocupación hoteleira media para este verán nas Rías Baixas supere o 80%
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva quere que a provincia sexa unha referencia na transformación dixital
Por Redacción |