Se hai caravana en Poio culpen a San Cristóbal
Por Oskar Viéitez
A Asociación Recreativa San Cristóbal de Poio presentou o programa de actos que organizaron para o vindeiro sábado día 14 de xullo para conmemorar o día de San Cristóbal, patrón dos condutores.
Estas actividades inícianse coa concentración de vehículos nas proximidades do Mosteiro de Poio onde se oficiará unha eucaristía na que se contará co acompañamento da Coral de Poio. Tras a misa solemne, o cura procederá á bendición de todos os vehículos alí congregados que logo levarán ao santo en procesión por diferentes lugares do municipio.
Taxis, turismos e unha ducia de camións percorrerán en caravana a PO-308 desde o Mosteiro ata a rotonda da Granxa e de volta pola estrada da costa ata A Barca onde volverán cambiar de dirección para volver sobre os seus pasos ata o recinto da Seca, onde celebrarán unha cea baixo carpa.
A música do Dúo Caché amenizará este comida baile na que tamén levarán a cabo sorteos de agasallos.