Un motorista resulta ferido en Combarro ao caer por unha pendente
Por Redacción
Un motorista resultaba ferido na tarde deste mércores cando sufría un accidente ao circular pola estrada PO-308, ao seu paso por Combarro, no municipio de Poio.
Segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias do 112 Galicia, o motorista saíu despedido despois de caer co seu vehículo por unha pendente. O suceso rexistrábase ao redor das 17.00 horas.
Ata o lugar desprazáronse efectivos das 061-Urxencias Sanitarias, os membros do Grupo de Emerxencias de Sanxenxo e unha dotación de axentes da Garda Civil de Tráfico.