Aprender cine e malabares, plan de verán para os escolares da Lama
Por Redacción
Os escolares da Lama terán propostas divertidas e interesantes ata o 16 de agosto a través dun programa no que se inclúe un obradoiro de cinema no que os participantes aprenderán desde a creación dun guión ata a interpretación de escenas que gravarán para levar a cabo unha película.
Tamén levará a cabo un obradoiro de xogos tradicionais durante os días 7, 9, 14 e 16 de agosto en horario de 11.00 a 13.00 horas. Os asistentes poderán gozar de elementos utilizados noutros tempos e que non pasan nunca de moda. Nesta iniciativa, os participantes aprenderán tamén exercicios malabares.
Ademais, o 18 de xullo dentro do programa 'Ler conta moito' levará a cabo unha actividade para aprender a construír libros ilustrados, destinada a menores de entre 6 e 14 anos. O 31 de xullo acometerase outra proposta baixo o título 'Percusión con refugallo', mentres que o 2 de agosto continuará a promoción do audiovisual coa proxección de 'Cinema e música con Buster Keaton'.
Por último, o 3 de agosto celebrarase o obradoiro 'Museo científico' destinado a tanto a menores como adultos