O Grove converte en peonil a rúa Barrosa, acceso ao Náutico e o paseo de madeira de San Vicente
Por Redacción
O Concello do Grove converterá en peonil a rúa Barrosa, situada en San Vicente do Mar e coñecida porque é a dirección na que se sitúa o coñecido establecemento de ocio Náutico de O Grove.
Segundo informou o Concello a través dun comunicado, nos próximos días procederase a colocar un pivote manual no acceso á rúa para responder a unha demanda veciñal.
A rúa Barrosa está moi concorrida cada verán pola ampla programación musical do Náutico, porque se trata dun dos puntos de acceso ao paseo de madeira que percorre esta zona de San Vicente e por ser unha zona residencial con varias vivendas habitualmente habitadas tan só no verán.
O verán pasado rexistráronse numerosos incidentes pola o presenza de vehículos na zona e xurdiron queixas veciñais polo inadecuado uso por parte de quen aparca os seus coches na contorna, de modo que o Concello decidiu responder con esta medida.
O pivote que se vai a instalar terá unha chave que pechará a rúa ao tráfico e tan só permitirá o acceso aos residentes e para os servizos e as tarefas de carga e descarga.