A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística cita o afectado polo derrubamento en Vilaboa a unha reunión
Por Redacción
Desde o 21 de maio, numerosos veciños fan garda fronte á vivenda de Enrique López Patricio, o veciño afectado por unha orde de derrubamento da súa casa situada na parroquia de Santa Cristina de Cobres, en Vilaboa.
Polo momento, as máquinas seguen sen aparecer para acometer as obras de derrubamento e quen si acudiu, este martes á polémica vivenda foron inspectores da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU).
Os representantes da administración citaron ao propietario para manter un encontro en Santiago de Compostela o vindeiro venres 6 e tratar alí o problema.
Nas últimas semanas, a Plataforma Salvemos Vilaboa, que preside o propio Enrique López, recolleu sinaturas para enviar á Valedora do Pobo expoñéndolle o caso e realizaron diferentes actos en solidariedade co veciño afectado.