Susto en Marín polo incendio orixinado na cociña dunha vivenda da avenida de Ourense
Por Redacción
Unha muller e a súa filla tiveron que ser evacuadas da súa vivenda no número 27 da avenida de Ourense, no municipio de Marín, ante a presenza dun incendio na cociña do domicilio.
O servizo de Emerxencias do 112 Galicia alertaba aos bombeiros do consorcio provincial que se desprazaban ao redor das 14.42 ata Marín.
A Policía Local de Marín actuaba en primeiro lugar, de forma rápida, utilizando dous extintores. Coa chegada dos bombeiros utilizáronse as mangueiras e coa auga rebaixouse a temperatura e, a continuación, ventilouse de gases a estancia. Xunto á nai e a súa filla atopábase un can, que tamén foi evacuado. Todos se atopan en bo estado.
Despois dunha intervención de case dúas horas de duración para sufocar o lume cuxo orixe aínda está por determinar, os bombeiros retornaban ao parque en Bueu.