Marín estrea novos paneis informativos no lago de Castiñeiras e no centro urbano
Por Oskar Viéitez
O Concello acaba de investir e mellorar a sinaléctica do lago de Castiñeiras no territorio pertencente ao concello marinense, cambiando os paneis informativos das dúas zonas das comunidades de montes de San Xulián e Santomé.
O goberno de María Ramallo tamén deu orde de substituir a varanda de madeira e cambiar os paneis informativos de madeira, mellorando a infraestrutura e a información dos paneis destacando tres eixos centrais.
Son a información sobre o que se atopará no lago, a sinalización e mapa do lugar e un terceiro eixo que é a sinalización do "carreiro verde" estreado a principios do mes de xuño co programa de Marín en Ruta e que pasou a estar sinalizado permanentemente, acompañado de códigos QR para que poida ser descargado en dispositivos móbiles.
O investimento foi de algo máis de 5.000 euros.
SOPORTES TURÍSTICOS NO CENTRO URBANO
O Concello tamén colocou nova sinalización turística no centro urbano, instalando novas imaxes de lugares emblemáticos do concello como os petróglifos de Mogor, o Castro da Subidá ou Briz, de festas de interese turístico como a Danza de Espadas de San Miguel e rueiros urbanos que facilitarán máis información aos viandantes.
As localizacións destes paneis son a avenida de Ourense, a rúa Ejército y Marina ou o Parque Eguren, entre outros emprazamentos.
Relacionadas:
-
A vindeira semana rematan as obras para evitar as filtracións no lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Evacúan os animais do lago de Castiñeiras para iniciar os traballos de selado
Por Redacción |
-
A Plataforma SOS Castiñeiras urxe á Xunta un plan de intervención no Parque Forestal de Castiñeiras
Por Redacción |
-
O BNG demanda que a Xunta repare o dique do lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Decenas de persoas claman "SOS Castiñeiras" cunha andaina reivindicativa
Por Redacción & Diego Torrado |