Denuncia unha paliza que recibiu dun descoñecido e atribúea a problemas familiares
Por Redacción
Un veciño da rúa Médico Ballina presentou unha denuncia na Comisaría Provincial de Ponteveda relatando que na tarde do luns un descoñecido lle deu unha brutal malleira ás portas da súa casa. Na súa comparecencia ante os axentes da Policía Nacional atribuíu esta a problemas familiares.
Segundo consta na denuncia, o descoñecido agrediuno cando ía entrar á súa casa. No mesmo edificio residen familiares cos que ten mala relación, de forma que considera que existe unha relación directa entre tal circunstancia e a malleira.
Na tarde do luns foi o propio denunciante o que alertou a Policía Nacional de que acababa de ser vítima dunha malleira.
Cando unha dotación policial se desprazou ata a súa casa encontrouno no chan e con lesións consistentes en contusións e moratones polas que tivo que ser trasladado ao Hospital Montecelo. Ao parecer, estivo a punto de perder o coñecemento.