Os triunfadores de San Isidro tamén estarán na Feira Taurina da Peregrina
Por Marisa Ciordia
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Concisa pero a priori prometedora Feira Taurina é a que deseñou a casa Lozano para o mes de agosto en Pontevedra. Durante tres tardes volverán facer o paseíllo do coso de San Roque as principais figuras do escalafón. Julián López 'El Juli', José María Manzanares e Roca Rey compoñen a terna que abrirá os festexos o domingo día 5, lidando touros do ferro de Alcurrucén.
O segundo dos festexos, a segunda fin de semana de agosto e xa coas festas da Peregrina iniciadas será mixto. Dacabalo a afección volverá a ver o sábado 11 ao que resultou rexoneador triunfador en San Isidro, Diego Ventura, que conseguiu a xesta entre os matadores dacabalo de cortar un rabo por primeira vez e engadindo ademais cinco orellas.
No cartel fixado para Pontevedra medirase, como na triunfal ocasión, con touros dos Espartales e compartirá tarde con Antonio Ferrera e David Fandila 'El Fandi'. Os dous últimos lidarán hastados do ferro Virgen María.
E para completar, o domingo 12 outro dos triunfadores nas Ventas este ano: Alejandro Talavante. Xunto a el Morante de la Puebla que volve a Pontevedra apadriñado por un dos irmáns Lozano, Manolo; e completando o plantel Cayetano. Para esta última corrida reserváronse touros de Daniel Ruiz.
"A deste ano é unha das feiras máis rematadas que pechamos" dicía Eduardo Lozano durante a presentación. O que non foi posible finalmente é a retransmisión por televisión dun dos festexos taurinos da Peregrina, circunstancia na que seguirá insistindo o empresario para próximas edicións.
Dada a normativa que entrou en vigor este mes en Galicia, queda prohibida a entrada de menores de doce anos aos espectáculos taurinos. Si será posible o acceso para o espectáculo ecuestre 'Así bailan os cabalos españois' que se celebrará o mércores 15 de agosto, véspera de festivo.
VENDA DE LOCALIDADES
Un ano máis a empresa Lozano non repercute subida ao prezo das localidades. Os abonados que renoven as súas entradas poderán facelo entre o 16 e o 19 de xullo; e os novos abonos entre o 20 e 21 de xullo. O resto de entradas poñeranse á venda para partir do 23 de xullo. Para menores de 18 anos ofrécese un abono de 30 euros.
Dada a vixencia da Lei de Espectáculos de Galicia non poderán acceder á praza os menores de 12 anos para os tres primeiros festexos. Si poderán acudir ao espectáculo ecuestre do día 15, cuxa empresa ofrece un prezo especial para as penas pertencentes á coordinadora.
Relacionadas:
-
Á espera da terna, os touros de Alcurrucén descansan en currais para abrir a Feira da Peregrina
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: "Prometéronnos unha retransmisión televisiva para o ano que vén"
Por Marisa Ciordia |
-
A afección pontevedresa ensina músculo na presentación da Fundación Toro de Lidia
Por Marisa Ciordia |
-
"Lozano déjanos pagar con tarjeta"
Por Oskar Viéitez |
-
A Fundación Toro de Lidia presenta o seu Capítulo á afección taurina pontevedresa
Por Marisa Ciordia |
-
Eduardo Lozano: "A mellor resposta a este movemento animalista é seguir acudindo aos touros"
Por Marisa Ciordia |
-
A Feira Taurina da Peregrina comezará o 5 de agosto coa nova Lei de Espectáculos de Galicia en vigor
Por Marisa Ciordia |
-
'Savia' nova para a feira taurina da Peregrina
Por Marisa Ciordia |
-
O concurso nacional de recortadores substitúe ao cuarto festexo da Feira da Peregrina 2015
Por Ramiro Espiño |