Dispárase a alerta ante a presenza de mildeu nas viñas das Rías Baixas
Por Redacción
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro emitiu un aviso advertindo da necesidade de manter un nivel de alerta "moi alto" ante a presenza de mildeu nas viñas da provincia. Recomenda vixiar o viñedo para comprobar que os tratamentos son efectivos e, ante os primeiros síntomas, volver aplicar funxicidas con materias activas que teñan efecto curativo e antiesporulante, evitando que os fungos formen esporas.
O incremento nesta última semana do tamaño dos grans dos acios foi moi elevado, grazas ás temperaturas e as humidades altas que se están rexistrando. As uvas atópanse de media no estado de bagas de tres milímetros. E durante os últimos días, viticultores e técnicos informaron ao Areeiro sobre a aparición de síntomas moi destacados de fungos en acios e en follas, sobre todo, na zona do Salnés e no Condado.
Está previsto que permaneza o tempo inestable que favorece as infeccións secundarias, polo que se recomenda manter este nivel de alerta.
BUXO
Tamén se recomenda aplicar un tratamento aos sebes de buxo, eliminar as follas secas para favorecer a aireación das plantas e, en caso de realizar regas, utilizar goteo en lugar de aspersión.
Estas medidas débense a que apareceron síntomas de Cylindroclaudium buxicola, derivado da elevada humidade