O alumnado do Programa para Maiores festexou o final dun ciclo formativo
Por Redacción
O campus pontevedrés recoñeceu este xoves o esforzo e implicación do seu alumnado máis veterano, o dos 24 estudantes do Programa Universitario para Maiores que, tras completar os ciclos intensivos e integrado, convértense en novos graduados sénior e graduados superiores sénior.
Todos eles recibiron nesta xornada na Escola de Enxeñaría Forestal as verbas de recoñecemento do vicerreitor de campus, Jorge Soto; da vicerreitora de Captación de Alumnado e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, da concelleira de Educación, Carme Fouces, e do novo coordinador do programa en Pontevedra, José María Pazos, así como do presidente da asociación de alumnado sénior do campus, José María Fernández, e do padriño académico destas novas promocións, o profesor Adolfo Cordero.
Nun acto que se completou coa actuación do coro do campus e no que os alumnos Miguel Ángel Yebra e Rubén Pascual tomaron a palabra en representación da XIV promoción de graduados sénior e da XII promoción de graduados superiores sénior, o coordinador do programa incidiu en que esta graduación tiña algo de diferente.
"Outras simbolizan o paso a un mundo laboral, un cambio de estudante a profesional, pero este marca un punto e seguido, xa que a universidade segue contando con vós", salientou Pazos a un grupo de novos graduados "que aínda tedes moito que achegar á universidade desde as vosas experiencias e vivencias".
Relacionadas:
-
A 'Universidade sénior' adapta as súas aulas no Campus de Pontevedra para manter as clases presenciais
Por Redacción |
-
O programa universitario de maiores conta con máis de 100 personas matriculadas
Por Redacción |
-
Ateneo e Vicerreitoría impulsan un club de lectura
Por Redacción |
-
A universidade non ten idade: 66 alumnos de máis de 55 anos estudan no campus
Por Redacción |