Grandes buques de transporte a granel incrementan a súa presenza no Porto de Marín
Por Redacción
O Porto de Marín ofrece unha imaxe espectacular durante os últimos días, coa presenza de grandes buques de transporte a granel descargando nas instalacións portuarias, aumentando o movemento de mercadorías habitual. O buque Achilleus, que se atopa atracado no peirao Manuel Leirós, está a depositar preto de 44.000 toneladas de soia.
Ao longo da fin de semana, a Autoridade Portuaria espera a chegada doutro bulk carrier (barcos de mercadorías a granel), que transporta trigo. Estes buques de graneis sólidos ofrecen a maior porcentaxe de crecemento que rexistra o Porto de Marín durante o primeiros cinco meses deste ano, alcanzando un 36,56% máis que no mesmo período de 2017.
Estes datos puxéronse sobre a mesa durante o Consello de Administración da Autoridade Portuaria que se celebraba na tarde deste xoves. Os resultados son positivos xa que o porto creceu, entre xaneiro e maio, en movemento de mercadorías un 6,37% máis que neses mesmos meses do pasado ano.
Outro tráfico que rexistra un importante aumento é o correspondente á pesca conxelada, que rexistra unha subida do 5,37%, ao tratarse dun dos portos loxísticos para a recepción, elaboración e expedición de produtos conxelados do mar
Relacionadas:
-
O Porto de Marín amplía o Posto de Inspección Fronteirizo cun investimento de 600.000 euros
Por Redacción |
-
O presidente de Portos do Estado cre que o de Marín seguirá gañando competitividade
Por Oskar Viéitez |
-
O Porto de Marín inicia unha nova campaña de descarga de pesca conxelada
Por Redacción |
-
Suárez Costa da conta ao Consello da Autoridade Portuaria das principais xestións realizadas
Por Redacción |