823 persoas estranxeiras residen en Marín, procedentes de 62 países
Por Redacción
O Consello Municipal de Inmigración de Marín sinalaba este mércores que, na actualidade, residen na vila un total de 823 persoas de orixe estranxeira, procedentes de 62 países. Nos dous últimos meses incrementouse a cifra en 13 persoas.
Este órgano de participación cidadá ten carácter consultivo e traballa co obxectivo de obter un maior nivel de benestar, de autonomía e de integración social das persoas inmigrantes.
Neste encontro analizouse a acollida de migrantes procedentes do buque Aquarius. Desde o Concello de Marín realizáronse os protocolos para adherirse como entidade colaboradora nesta causa. Con todo, desde o goberno local de Marín sinalan que non dispoñen de espazos para admitir a persoas procedentes deste barco. Sinalan que nin o Concello nin as ONG' s de Marín contan con habitacións para albergar a estes cidadáns.
Pero o Concello xa manifestou á Federación de Municipios e Provincias que están dispostos a organizar campañas de recollida de roupa, calzado, comida, medicamentos ou outros materiais que sexan precisos para esta causa. A Asociación Rexurdir tamén ofreceu a súa aula de aprendizaxe de español para impartir aos migrantes.
Tamén se decidiu realizar un chamamento á cidadanía para evitar comportamentos xenófobos nas redes sociais. Desde o Consello de Inmigración queren que se fomenten os aspectos positivos que supón acoller persoas de distintos países, que proporcionan un enriquecemento cultural aos seus lugares de acollida
Relacionadas:
-
Marín conta con 822 cidadáns procedentes de 14 países comunitarios e 50 extracomunitarios
Por Redacción |
-
Pontevedra prepárase para acoller refuxiados procedentes do buque 'Aquarius'
Por Redacción |
-
Pontevedra ofrécese para acoller refuxiados do buque Aquarius
Por Oskar Viéitez |
-
Máis de 800 inmigrantes de 58 países residen actualmente en Marín
Por Redacción |