Nova iluminación en Moraña para a Carballeira de Santa Lucía
Por Redacción
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou este mércores o concello de Moraña, onde comprobou da man da súa alcaldesa, Luisa Piñeiro, as actuacións levadas a cabo na Carballeira de Santa Lucía.
Concretamente, grazas á orde de infraestruturas de uso público levouse a cabo, en colaboración co concello, a instalación da iluminación pública na Carballeira de Santa Lucía cun orzamento que supera os 42.000 euros.
Este ano o concello ten solicitado axudas para a pavimentación de viais e grazas ás axudas de anos anteriores levou a cabo o acondicionamento de pavillóns e zonas infantís.